Joshua Kenneth é un artista internacional de orixe galega que viaxa por todo o mundo realizando actuacións de maxia. A súa maxia foi galardoada en importantes competicións de Portugal, España e Italia, gañando un premio FISM en Turín como segundo mellor mago de toda Europa.
En 2023 gañou en Madrid o Premio Frakson, un prestixioso galardón que cada ano se outorga ao mellor ilusionista de escena do Estado español. Obtivo o premio cun número chamado “O soño do avaro” onde consegue que as pompas de xabón se convertan en moedas e billetes.
Participou en programas como Got Talent España ou na famosa serie americana Fool Us de Penn & Teller en Las Vegas. Tamén foi convidado a actuar no prestixioso Magic Castle de Hollywood, en Los Ángeles.